• CANTARES GALLEGOS - IDIOMA GALLEGO

    CASTRO, ROSALÍA DE Edicións Xerais De Galicia Ref. 9999903311782 Articulo 0,00 €
    Ver otros productos de la misma colección Ver otros productos del mismo autor
    Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A publicación de Cantares gallegos en 1863 supuxo un remuíño decisivo na súa obra, pero tamén un golpe estratéxico de enorme transcendencia para o futuro das ...
    Dimensiones: 220 x 145 x 33 cm Peso: 680 gr
    Disponible
    14,00 € 11,90 € 15%
  • Descripción

    • ISBN / Ref. Smile Books : 9788499145044 / 7448
    • Encuadernación : Tapa Blanda
    • Estado Conservación : En buen estado
    • Fecha Edición : 01/04/2013
    • Año Edición : 2013
    • Idioma : Gallego
    • Autores : CASTRO, ROSALÍA DE
    • Número Páginas : 472
    • Colección : EDICIÓN LITERARIA - XERAIS CLÁSICOS
    Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A publicación de Cantares gallegos en 1863 supuxo un remuíño decisivo na súa obra, pero tamén un golpe estratéxico de enorme transcendencia para o futuro das letras galegas. Era o primeiro libro escrito integramente en galego e nel se contiñan as claves da alegoría nacional da Galicia contemporánea, logo redimensionadas en Follas novas, obra coa que acabou por selar o vigor e a fortaleza do incipiente sistema. A importancia deste libro e desta data é subliñada historicamente cando a Real Academia Galega decide escoller o 17 de maio, en coincidencia co centenario da súa publicación, para instaurar o Día das Letras Galegas.
    Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín (A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego) vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición de Cantares gallegos ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar análisis de uso y de medición de nuestra web. Al continuar con la navegación entendemos que se acepta nuestra política de cookies

Acepto